Friday 03 de May de 2024

Alternativa alerta dos problemas da reforma da praza Galán


Alternativa dos Veciños de Arteixo alerta dos problemas que podería que podería ocasionarlle aos veciños residentes a reforma que pretende desenvolver o Goberno Municipal na Praza Galán, que se atopa situada no medio dos primeiros edificios da Urbanización Sol e Mar en Oseiro.

“Estivemos a falar sobre esta obra con moitos veciños residentes nos edificios que rodean a Praza Galán e, non están de acordo co proxecto de reforma desta praza, xa que pasaría de ser unha zona tranquila e descanso a ser unha zona actividade e de xogos para os nenos. Os veciños e veciñas teñen claro que pola súa localización, a Praza Galán non pode ser reformada para convertela nunha zona de actividade deportiva e zona de xogos. Precisamente, no seu día, foron os veciños os que instalaron unha fonte e uns bancos para evitar que esta praza fose utilizada como zona de xogo, xa que se atopa no medio dos edificios” apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa en Arteixo.

“Estamos a medio ano das eleccións e agora ao Goberno Municipal chegáronlle as présas. Están a desfacer o municipio e acometendo obras sen ningún tipo de control e supervisión. Como saben que na Urbanización Sol e Mar existe un importante cabreo da veciñanza pola negación do Goberno Municipal a realizar o desvío das liñas de alta tensión que atravesan a urbanización, é por iso que agora levan a cabo estas obras para tentar desviar a atención e volver enganar aos veciños” matiza Noelia Martínez.